Está mañá, na primeira hora rematamos as explicacións de Lingua e literatura galega na aula de 3º da ESO A dun xeito colaborativo, tod@s foron os docentes e os discentes, cada un tivo a súa frase de educación literaria para falar de Eduardo Pondal e uniron as súas voces para "mellor ou peor" ( non era o importante) interpretar o noso himno; foi serio e foi divertido (con tomas falsas incluídas) pero podo adiantarvos que non esquecerán a súa interpretación na clase do himno galego ( do que por certo non sabían nen a letra).
Escoitádeos:
E agora as tomas falsas, probas, risas e demais:
Aínda que non o pareza a partitura está no móbil...
1 comentario:
A entonación un verdadeiro churro, pero ten moito mérito o esforzo. Lembrome de Leti, Randulfe, Carlo, Iván, Raúl, Logan... De outros non me ven o seu nome á cabeza. Unha aperta a todos.
Publicar un comentario