O venres 24 de febreiro emitimos un programa de radio especial: Rosalía de Castro e o amor foron os nosos protagonistas; de novo o noso equipo radiofónico de 2º A de ESO, o seu titor Rafael, todos eles coordinados polo profesor Carlos Nuñez e a profesora Anxos Rial participamos na experiencia.
O programa consta de tres partes: A introdución á poesía amorosa e ao día de San Valentín (textos amablemente compartidos por Gracia Santorum e a bibliotecado IES de Forcarei), unha segunda parte unha selección de textos narrativos "De amor e desamor" ( da biblioteca do noso IES) e o peche de ouro da man de Silvia: a nosa homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversarío.
Cada vez son máis os chicos que se animan a colaborar na actividade radiofónica que dirixe o profesor Carlos Núñez. Parabéns para todos eles e
agora podedes escoitar o seu programa:
agora podedes escoitar o seu programa:
2 comentarios:
Xa me gustaría que Dunia, Noemí e Lucía se dedicasen o estudo. José María parece que quere facelo; Gabriela está despistada (estará namorada?). En Tania, Silvia e Lorena teño postas moitas esperanzas. O xigante de Abel debe ser máis ordenado e estudar; non está en condicións de perder o tempo. Noraboa polo programa que fan todos.
FELICITACIÓNS para todos os que participastes nesta actividade. Moitas grazas por un programa de radio moi romántico e moi bonito.
María
Publicar un comentario