Tras o obradoiro de kamishibai e xa dirixíndose ao alumnado de 1º de ESO en xeral, sempre dentro das actividades programadas para a semana do LIX, Suevia Sobral e Riu presentáronnos o libro-disco "O meu marabilloso sombreiro" escrito por Akiko Ishihara ( a nai de Riu) e ilustrado pola propia Suevia Sobral (ex-alumna do noso instituto).
Despois das presentación aos noso alumnos e alumnas, entrambos Suevia e Riu, representaron o conto co seu kamishibai que chamou moito a atención do alumnado, por ser a presentación na lingua galega e na xaponesa e pola técnica do propio teatrillo que eles descoñecían.
Para rematar a súa actuación, e tras varios ensaios entre todos despedímonos cantando unha fermosa canción do seu disco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario