Chegadas estas datas entre exame e exame xa imos pensando no tempo de lecer, nas festas e nos turróns.
Na nosa biblioteca o verde e o vermello fixeron presencia pero sabemos o porqué destas cores???
Tamén temos unha póla de acivro pendurado da porta por aquilo do bico pero coñecemos a lenda do visgo e o acivro???
O acivro ten os froitos vermellos e o visgo ten os froitos brancos.
O costume de colgar o visgo nas portas e bicar a quen se atope debaixo está asociada a unha serie de interpretacións das tradicións celtas que consideraban esta planta como portadora da boa fortuna e a fertilidad, de aí o do bico .
Pero, xa na Idade Media,
os cristiáns consideraron demasiado pagán este adorno e a súa
simboloxía celta e cambiárono polo accivro pero non variaron o
costume de nadal do bico ( está claro que sexa con visgo ou con
acivro, o dos bicos, gustaba a todo o mundo). E o máis curioso é
que , tamén introduciron unha tendencia decorativa , facendo que a
cor verde e a cor vermella se considerásen distintivos do Nadal.
A lenda do bico debaixo
do visgo chéganos de man do deus da paz, Balder, este foi ferido e
morto por unha frecha de visgo, isto entristeceu moito ao resto dos
deuses, que conmovidos polos choros da amada de Balder,
restituíronlle a vida para que continuase eternamente co seu amor.
Por iso, en tributo a esta paixón sen fin, Balder ordenou que cada
vez que unha parella namorada pasase por baixo dunha rama de acivro ou visgo, se bicasen para perpetuar o seu amor.
Dito isto, sexa acivro ou
visgo, o do bico mantense. Xa sabedes ir pola biblioteca pode ser unha boa disculpa para bicalo ou bicala...
No hay comentarios:
Publicar un comentario