Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888- 1976):
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo
Obras:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RamOtero&alias=Ram%F3n+Otero+Pedrayo&solapa=obras
O
pan
e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do
chan galego, non separados, senón penetrándose e dividíndose en
compiladas figuras. Para nós o pan é o centeo,
e
o viño, o da cepa
vella, de
cepa torta, como osatura dun patriarca. En Ourense inda miramos as
"americanas" como un fato de damiselas neuróticas,
víctimas do surmenage
e
necesitadas de todas as drogas para botar o viño. 0 centeo cereal de
inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o procura.
Aguanta xiadas, neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un
lameiro de xaramagos, senradelas e gramas; cando está vizoso e alto,
tremando co vento en ondas conmovidas, o paisano, sempre pesimista,
di: "pasa moitas noites fóra". Recólleo con cariño
especial, porque é o recurso de facenda doméstica, xa polo gran que
se garda na arca tradicional coma pola palla que serve para tapar a
chouza, anoar o fachico e facer o leito para a paridura da porca. 0
paisano tenlle máis le¡ ao centeo que ao millo. Antes vivía de
pan, castañas e viño. As castañas e o pan caracterizan os altos
chans graníticos, abertos, de inverno duro, onde o cuco chega máis
tarde, e a vida só va¡ ben na horta do curo ou nos abrigos do pazo.
0 millo simboliza a alianza atlántica. Petulante, guapo, co seu
pompón dominador e a súa exaltación sexual, contrasta coa
castidade e modestia do centeo. É o presente das Américas ás
terras húmidas de Europa: o seu ouro parente daquil lendario
asolagado nas augas de Vigo.
0 labrego do pan e do viño son
moi diferentes; a agricultura das cepas require unha coñecencia
fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica
oportunistas: ao contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis
invariables.
(R.
Otero Pedrayo, 1947 [La
Noche, 23 XII 1947])
No hay comentarios:
Publicar un comentario