Tal día coma hoxe, hai 50 anos na Arxentina saía á luz a historia de "Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis un ninguén. E ademais, pobre" deste modo, el mesmo se define ao comezo da novela. Desde aquela lévanse vendidos uns 600.000 exemplares: o "best-seller" da literatura galega.
Mais deixando de lado os supervendas, daquela os nenos e nenas galegos, e os que o fomos, recibimos un fermoso presente: a historia de Balbino é a historia de moitos nenos galegos que coma el soñaban cun futuro máis doce para todos os rapaces da aldea; da súa man chéganos hoxe en día o seu legado que non debemos esquecer.
As valoracións de Marta, Raquel, Patricia e Carla (4º ESO A, Decembro 2010), rapazas do século XXI:
Marta: O argumento do libro pareceume moi interesante, só que o pobre Balbino tiña unha vida moi frustrante e ten que vivir sen facer o que el quixera por culpa da sociedade da época.
Raquel: Gustoume a ilusión de Balbino ao atopar a caixiña, ao ir a escola, ao ser monaguillo, ao ir despois das festas á aldea... Non me gustou que tivera que marchar da súa casa.
Patricia: Gustoume moito o libro aínda que me pareceu un pouco triste pola vida que levaba Balbino xa que non era feliz, tiña que facer o que querían os demais e non o que a el lle gustaba.
Carla: Gustoume o libro porque é moi entretido e un pouco gracioso, aínda que non me gustou que algunhas persoas se portaran tan mal con Balbino.
Valoración conxunta: Gustáronnos as aventuras que viviu Balbino a pesar de que pasaran cousas que nos deron pena, xa que levaba unha vida difícil na que tiña que traballar moito sendo un neno e só podía facer o que lle mandaban; desconcertounos que o pai lle pegara por darlle unha pedrada a Manolito sen saber que sucedera.
O máis importante para nós foi o esforzo que facía para poder ir á escola, deixar de ir ás festas polo loito, xa que morrera o seu padriño, aínda que para el non significaba nada especial.
Esperabamos que fora un libro triste por que o título nos dicía que era un neno traballador, pero é moi bonito; recomendámoslles aos nosos compañeiros que o lean xa que reflexa perfectamente a vida de moitos nenos labregos daquela época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario