martes, 16 de noviembre de 2010

O SAMAÍN: Os contos do mestre CARLOS

Seguindo a tradición de anos anteriores, esta semana visítanos o mestre Carlos Núñez Pombo para agasallarnos con algúns dos seus contos relacionados co Samaín e co mes dos defuntos, amosándonos moitas das facianas das tradicións máis nosas. Os chic@s de 1º de ESO serán depositarios destas fermosas historias para no futuro contárllelas aos seus fillos e os seus netos e preservalas así do paso do tempo e do olvido. A primeira das historias fala precisamente do tempo, do calendario e dos celtas, de como celebraban os druídas a chegada do inverno, tempo no que os espíritos dos mortos visitaban as súas casas e eran esperados e conducidos no camiño polos vivos mediante unhas balizas de luz, uns calacús baleiros que contiñan unha candea: o SAMAÍN.
Esta festa cristianizouse, foi levada máis alá do mar polos irlandeses e voltou a nós desde alén mar con outro nome: HALLOWEEN.
Despois desta introdución, o noso mestre narrounos a historia de "A tía María, a cuca", a de "Xosé, o señor", a de "Farruco de Lucas",.. e algunha máis, todas cheas de tradicións -todas na mellor liña cunqueiriana (o marabilloso e a realidade)- cheas de refráns e demais, como este tan fermoso: "Polo San Martiño, os trompos saen ao camiño". Benvido sexa o mestre e as súas historias!!!!



2 comentarios:

UXIA dijo...

Que ben!! Que sorte!! Tiñan que quedar grabadas!!

UXIA dijo...

Que ben!! Que sorte!! Deberían de quedar grabadas!!!