viernes, 2 de octubre de 2009

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Convencidos como estamos da importancia de afacernos a LER EN PANTALLAS, LER NAS NUBES, esta semana recomendamos outra web: hoxe 2 de outubro é o día do aniversario de GANDHI e hoxe arranca de Nova Zelanda a Primeira Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia; durante catro meses percorrerá máis de 90 países e 160.000 Km na busca de apoios, e a reflexión de cidadáns e políticos.
Numerosas personalidades e famosos, Premios Nobel, artistas e deportistas, apoian esta marcha e ti???????.
Podes seguir a Marcha minuto a minuto desde a web http://www.marchamundial.org/, un mapa interactivo de Google Maps amosa o percorrido en tempo real, tamén hai fotografías e vídeos dos momentos máis importantes.
A páxina ten gran cantidade de información multimedia: mapas, documentos, enlaces, actualizacións por RSS, etc.

1 comentario:

Bibliomanía dijo...

Benvid@s ao PLAMBE!! Ler nas pantallas, nas nubes... trouxonos ata aquí.
Sorte na nova marcha que iniciades!

Saúdos veciños!