En Barcelona, galegos e murcianos falan de LITERATURA GALEGA
* UN OLLO DE VIDRO de CASTELAO:
* MALES DE CABEZA de FRAN ALONSO:
lunes, 30 de abril de 2012
San Jordi 2012: Primeira posta en común.
A nosa primeira posta en común xa de mañanciña:
Etiquetas:
club de lectura,
En el país de Alicia,
Sant Jordi 2012
SANT JORDI 2012: FOREVER YOUNG
Unha das actividades que máis gustou aos nosos alumnos das realizadas en Barcelona foi á asistencia á posta en escea da obra dirixida por Tricicle: Forever Young. Asistimos os alumnos do IES de Poio, do IES de Sanxenxo, do IES Juán Carlos I de Murcia e dun IES Joseph Sureda i Blanesde Mallorca, todo un aforo cheo de xuventude para gozar dun subxénero clásico: a comedia musical.
Desde o momento en que se levantou o telón ata os aplausos finais (que foron moitos), rimos, sorrimos e tatareamos melodías; a mensaxe da obra foi:
"Tenim una sola vida,
sense agassajos, una única presa
d´un larguíssim pla sequència.
Així que, no la malgasteu.
Viviu cada moment, gaudi de
cada segon i, si us plau, no deixeu
que ningú us amargui la vida"
E seguindo o seu consello gozamos da comicidade da obra, da súa música e da espléndida posta en escea dos actores. Gustounos todo, a iluminación, o vestiario, os diálogos e os gags; todos saimos do teatro cun gran sorriso.
Forever Young on PhotoPeach
sábado, 28 de abril de 2012
SAN JORDI 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro
O listado de autores era interminable, nesta presentación achegamos un pequeno botón de mostra deles, os que buscamos con anseios arriba e abaixo das Ramblas (aínda que non o creades foi agotador da cantidade de persoas que alí había).
Sant Jordi 2012: Os escritores asinan as súas obras no Día do libro. on PhotoPeach
Etiquetas:
día do libro,
escritores,
Sant Jordi 2012
viernes, 27 de abril de 2012
Día do libro: A AMPA premia ao alumnado máis lector
Esta mañá unha representación da Asociación de pais e nais do IES de Poio premiaron ao alumnado máis lector da nosa biblioteca; catro foron as alumnas agasalladas:
1º Premio: Rita Quintela Martínez de 1º de ESO A
2º Premio: Ámbar Carolina Cruz Paico de 2º de ESO D
3º Premio: Sara Neira Quiñonesde 1º de ESO D
Accesit: Lucía Picallos Paulos de 1º de ESO A
Todas elas recibiron un diploma e un cheque regalo a canxear nunha librería do concello polo seu traballo lector.
Queremos felicitar a AMPA por esta iniciativa de fomento de lectura e as chicas por ler, por visitarnos na biblio e por solicitar das nosas recomendacións lectoras.
Parabéns no Día do librooo, a continuar lendoooo...
domingo, 15 de abril de 2012
"LEMOS XUNTOS" Sanxenxo
O pasado venres asistimos en Sanxenxo ás xornadas de Lemos Xuntos (lectura en familia) organizadas polos centros educativos deste concello coa finalidade de achegar a lectura a mestres, alumnos e pais.
Puidemos escoitar alí a Juán Mata (catedrático especialista na lectura en familias da Universidade de Granada) que comenzou a súa intervención con estas palabras: " Me gustaría hablar todas las lenguas por lo menos esta tarde el gallego" e léndonos o poema IRMAUS de Celso Emilo Ferreiro (el é un gran defensor da lectura en voz alta: " A lectura en voz alta por encima de todo é unha mostra de afecto"), poema que fora lido en Granada o día anterior noutras xornadas de lectura.
Juán Mata profundizou na importancia da lectura en xeral e do peso que esta pode ter na vida dos nenos se é compartida con pais e profesores ( " a posibilidade de reflexionar xuntos e de lermos xuntos garante a aprendizaxe das competencias da lectura, a ler ben por parte dos alumnos; ler xuntos, adultos e nenos, facilita falar dunha maneira que doutro modo non podería ser"); díxonos que non hai lectura sen emoción ("as cousas que marcan a verdade están marcadas pola emoción e a lectura non pode nin debe estar á marxe disto, a lectura facilita a posibilidade de que o mundo que os nenos van vivir sexa un anticipo") e que lermos xuntos permítenos ir máis alá do utilitario; "se queremos que os nenos lean hai que vincular a lectura co que lles importa de verdade, facilitarlles o encontro coa vida a través dos libros. Isto ten sentido, dá sentido ao ensino en momentos nos que os tempos non van vir moi ben dados."
Despois das conclusións das xornadas e a clausura por parte do Director Xeral de Centros e a alcaldesa de Sanxenxo, presenciamos un broche final de luxo: Cándido Pazó e as súas "Cunqueiradas", subindo e baixando a súa escada puxo en práctica con grande mestría as técnicas tradicionais da transmisión oral unidas aos contidos e as formas do Sr. Cunqueiro: os curiosos personaxes, o encaixe das historias (unha leva aoutra ao xeito das caixas chinesas), as chamadas ao espectador, os argumentos de autoridade, a mistura de fantasía e realidade dentro do mundo propiamente galego. Unha marabillosa posta en escea que nos roubou sorrisos e gargalladas ao tempo que reflexionamos sobre o material das patas de pau e a convenniecia de ter unha para estar "á moda".
Os nosos parabéns para os organizadores, en concreto a Mª Dolores e a Ricardo que tanto se esforzaron por levar a bo término estas xornadas. Felicitámolos polo seu traballo tan ben feito e agora vos deixamos coas imaxes:
LEMOS XUNTOS - SANXENXO 2012 on PhotoPeach
Etiquetas:
bibliotecas escolares,
Juan Mata,
lectura en familia
jueves, 5 de abril de 2012
VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS
E como estamos de vacacións, fomos de turismo, de turismo bibliotequeiro achegándonos ás bibliotecas municipais de Portugal: visitamos a biblioteca de Viana do Castelo e a de Vila Nova da Cerveira; gozamos do contraste pois os edificios que as albergan son ben diferentes, da modernidade de Viana ao pazo histórico da de Vila Nova.
Como xa puideramos comprobar noutras visitas como a que fixeramos anteriormente á de Valença de Miño as instalacións destas bibliotecas son un exemplo a seguir, amplitude, luz, orde, importante oferta de servizos...
Os sabores desta visita leváronnos dos grandes espazos moi iluminados con fermosas vístas do exterior á familiaridade dos ocos pequenos rodeados de pedra e saída aos xardíns desde donde nos asexaba un simpático espantallo.
Gustamos moito dos dous estilos, en especial a bebéteca da de Viana e os seus cómodos e divertidos pufs; observamos a organización dos fondos, a distribución destes, a sinalización, o mobiliario mais sen dúbida sorprendeunos a distribución dos lugares: exposicións, salas de conferencias, de lectura, audiovisual, multimedia... que as convirte nun efectivo centro de recursos.
Por suposto no xantar aproveitamos para intercambiar comentarios, experiencias, opinións e programar próximos encontros (LEMOS XUNTOS en Sanxenxo) e futuras visitas bibliotequeiras.
(Bibliotecas Escolares de IES Sanxenxo, IES Ribeira de Louro, CEIP A Lama e IES de Poio).VISITAS BIBLIOTEQUEIRAS on PhotoPeach
Etiquetas:
bibliotecas de Portugal,
visitas bibliotequeiras
domingo, 25 de marzo de 2012
III Xornadas: "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro"
Os días 23/24 celebráronse en Compostela as "Terceiras Xornadas de Competencia en Comunicación Lingüística"; ao longo das dúas xornadas presentáronse traballos relacionados co tema central desde un punto de vista teórico e tamén casos prácticos, todos eles de moito interés polo que resulta difícil facer un resume dos conceptos e das prácticas presentadas.
Destacamos as ponencias do profesor ARTUR NOGUEROL sobre "Aprender a comunicar. Comunicar para aprender a actuar" que nos falou de PLURILINGÜISMO ( Cando aprendo unha lingua aprendo outras linguas e moitas otras cousas: Competencia plurilingúe e multicultural) , da importancia de aprender por proxectos, do uso das linguas (desde enfoques comunicativos predominantemente, a creación de situacións comunicativas nas que o uso teña SENTIDO).
XABIER SAN ISIDRO marcounos as pautas para a elaboración dun Proxecto Lingüístico de Centro ao mesmo tempo que sentou as bases para unha reflexión sobre plurilingüismo e interculturalidade (poñer en valor a nosa cultura a través das outras), o uso das linguas estranxeiras no ensino CLIL (Currículo Integrado das Linguas, un eixo temático común a todas as linguas) , das seccións bilingües e a valoración dos resultados acadados desde un punto de vista académico e estatístico.
ANA MARBÁ TALLADA expuxo os resultados dos seus estudos sobre como "Falar, ler e escribir na clase de ciencias" unha ponencia moi interesante na que desde premisas puramente lingúísticas achegounos a unha exposición de tipo científico: Sintetizar, explicar, xustificar en relación co "se, entón, xa, e por qué", o CRITIC ( a consigna do texto, o rol, as ideas, o test, a afirmación, a información e a conclusión).
TISCAR LARA ( Sempre precisa, analítica, sintética, directa...) falounos de "Ser dixital: aprender a comunicar en rede" (un tema que ela domina na exposición teórica e nas súas prácticas dixitais); Do tecnolóxico ao mediático, do técnico-instrumental ao interpretativo cultural, da necesidade de formarnos (alfabetización mediática); precisou o organigrama dos traballos en rede: "Deconstruír para recompoñer e construír" (analizar o discurso, ler e interpretar).Concluíu falando da manipulación en publicidade e en redes, do MARKETING VIRAL e da remezclas. Falando dos blogs aconsellounos publicar neles dunha forma LIBRE E RESPONSABLE.
Estas exposicións teóricas estiveron apoiadas cos casos practicos desenvoltos polos profesores e profesoras: Anxos Rial (a normalización da lingua galega, os usos plurilingües no marco da biblioteca escolar), Clara Cristela ( a aprendizaxe AICLE/CLIL na aula de sociais en inglés) na primeira xornada, e de Marisol Louro e Eva Garea (metodoloxía corporativa nas linguas), Ovidio Villar (a normalización linguística e os proxectos científicos) e Esther Fernández (o uso das redes sociais educativas e o seu uso dentro da aula).
Remataron as xornadas cunha fermosa posta en escea da contacontos Raquel Queizás, historia de tradición e indios para falar das estrelas.
Finalizamos esta pequena recensión felicitando á Marta Valderrama que xunto cos seus compañeiros do CAFI e dos CEFORES de Vigo e Pontevedra procuraron que todo saíse según o programa e que asistentes e relatores se sentisen NO SEU FOGAR. Parabéns para eles.
Etiquetas:
linguas,
plurilingüísmo,
TIC,
Xornadas competencia lingüística
RADIO PATIO EN VERSOS
O día 21 celebramos en Radio Patio "O Día da Poesía" e como non podía ser doutro xeito enchemos a hora do recreo de música e poemas: Comezamos o programa cun texto introdutorio da UNESCO onde explicamos por qué o 21 deste mes foi declarado Día da Poesía e cunha pequena referencia centrada na poesía galega e nos nosos poetas.
De seguido foi unha choiva de versos dos clásicos galegos, algúns poemas da literatura española e como colofón pechamos o programa cunhas fermosísimas liñas líricas de Fernando Pessoa.
Contamos na posta en escea co noso equipo habitual de alumnos de 2º de ESO A e unha nova fichaxe: Manuel de 4º de ESO, os nosos PARABËNS para todos eles.
Neste podcast podedes escoitar o seu programa:
Neste podcast podedes escoitar o seu programa:
domingo, 18 de marzo de 2012
200 ANOS DA PEPA
O 19 de marzo, fai douscentos anos, aprobouse a primeira Constitución española, pola que España deixaba de ser un país gobernado por unha familia a estar gobernada polos representantes elixidos. As cousas non foron fáciles. A Constitución etivo só en vigor dous anos, pois o rei Fernando VII, cando regresou de Francia en 1814, impuxo pola forza, de novo, a súa autoridade absoluta. Seis anos despois, tamén por la forza, o rei quedou obrigado a aceptar a Constitución (a "Pepa") pero outra vez pola forza, tres anos despois, o despotismo e o abuso se impuxo en España.
Polo tanto, todo o esforzo para que? Para sementar un graniño que logo daría os seus froitos, aínda que moi paseniñamente. Coa Constitución empezou a liberdade de expresión, a liberdade de prensa, a liberdade para asociarse, para que existisen partidos políticos, para que a xente puidese votar e elixir os seus representantes. España sufríu varias guerras civís dende 1812; moitos réximes políticos; a historia de España (e de Galicia con ela) foi tortuosa e difícil, inxusta para a inmensa maioría, pero hoxe temos un réximen imperfecto aínda que democrático; con moitos defectos pero donde algúns dos dereitos fundamentais son indiscutibles.
Aquela Constitución de 1812 foi a tataraboa da actual Constitución española, que debemos coñecer e á que debemos acudir para defender os nosos dereitos.
Curavacas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)


