miércoles, 29 de abril de 2015

A sensación de chorar lendo un libro...


  



  A sensación de chorar lendo un libro e chorar vendo unha película é moi diferente; a sensación máis bonita que eu nunca tivera foi chorar mentres lía O corazón de Xúpiter

    Esa sensación de non poder seguir lendo porque as bágoas anúbranche a vista e non dás lido as letras do libro.
   Iso é o máis bonito que te pasa lendo, é indescriptible...

                                    IRIA BESADA

                                                        CLub de lectura de 2º de ESO.




jueves, 23 de abril de 2015

Os personaxes do comic toman a nosa biblio:

E mirade que chegou esta semana á nosa biblio para celebrar connosco o Día do Libro e acompañar a Xosé Tomás:


Exposición de libros de gastronomía

 

Co gallo das celebracións do Día do libro, as profes Montserrat López e Marta Taboada en colaboración cos seus alumnos e alumnas de 1º de ESO C e D que participan no proxecto “ CÓMETE A LINGUA” organizaron na biblioteca unha completísima exposición de libros de cociña.

Os libros son da biblioteca, dos profes e das familias dos alumnos e alumnas e estanvos sacándolle todo o zume, pódovolo asegurar eu que participei das sús exposicións orais e xa vos probei algunha tarta de chocolate feita por eles.

Acompañounos Xosé Tomás.


20150420_140022
Na semana do libro tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca ao ilustrador Xosé Tomás; comezamos pois as nosas actividades programadas conxuntamente pola biblioteca e polo EDLG do noso centro cun artista de gran nivel, o autor de Nomades.


Durante dúas horas Xosé fixo que os nosos rapaces e rapazas dos Clubs de lectura e dos Contratos programa gozaran da arte da banda deseñada.

jueves, 16 de abril de 2015

miércoles, 15 de abril de 2015

Carlos Negro: “A poesía serve para dar respostas a preguntas díficiles.”


Con estas palabras comezou esta mañá o poeta Carlos Negro o seu obradoiro co alumnado de 2º de ESO do IES de Poio; os rapaces e rapazas esperábano con moita ilusión xa que a lectura dos poemas de Penúltimas tendencias creáranlles moi boas espectacivas, e non foron defraudados.
“ A poesía vale para responder doutra maneira, hai xente que le a poesía para facer preguntas e buscar respostas…”
Unha longa viaxe iniciática polo camiño da singularidade, do rexeitamento dos canons de beleza establecidos (das barbies), dos candados “amorosos” que coartan a liberdade das persoas(dos moccias) e da beleza da palabra…
Un longo camiño percorrido con versos propios e alleos, de Carlos, de Kirmen Uribe… saboreados co gusto do chocolate (un sorriso depositado sobre a lingua dos rapaces, o sabor dos sabores)…
E tivemos o noso “bichiño” especial ao que non lle gustaba o chocolate, o que non quixo verse no espello pero o que en privado me confesou, logo, que lle encantara a sesión; só por el/ela foi marabilloso o encontro con Carlos Negro.


Obradoiro de poesía con Carlos Negro on PhotoPeach

                      

domingo, 12 de abril de 2015

#biblioquixote15

# biblioquixote15

CAMPAÑA DA BIBLIOTECA ESCOLAR do IES de Poio para a celebración do IV centenario da publicación da II parte de “Don Quijote de la Mancha” de Cervantes.

  • A Biblioteca convoca unha campaña en TWITTER coa fin de conmemorar o IV centenario da publicación do Quixote dirixida a toda a comunicade educativa (profesorado, alumnado, pais e nais e PAS). A campaña consiste en publicar en TWITTER un chío (máximo 140 caracteres) que conteña un refrán rescatado do texto de Cervantes co hastag #biblioquixote15.
  • A biblioteca publicará no seu blog http://aszocasfaladoras.blogspot.com.es/ un widget co hastag do evento (liña de tempo ou muro twitter) para recoller a actividade da campaña.